Vicente Páramo Losada, nado en Sarria cara a 1892 e finado en Lugo o 3 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria miniatura|250px|Placa aos concelleiros da II República de Sarria.

Coa proclamación da República e a anulación das elección do 12 de abril, o 23 de abril de 1931 foi nomeado vogal da Comisión Xestora que presidiu Camilo González Macía. Militante de ORGA, foi vogal do Centro Republicano de Sarria. Foi un dos fundadores do periódico Loita.

Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro acusado da repartición de follas clandestinas.El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 20 preto de Monforte de Lemos. Xulgado en Lugo en consello de guerra o 28 de agosto xunto con Julio Páramo Sánchez, Emilio Golás Rodríguez, Claudio Garrido Lago e Manuel Montero Montero,El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 5. foi condenado a morte. Foi executado en Lugo o 3 de setembro de 1936.

Vida persoal

Foi tío de Julio e Antonio Páramo Sánchez. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1892 Categoría:Concelleiros de Sarria Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos