David Lombao Rodríguez, nado en Lugo en 1985, é un xornalista galego.

Traxectoria

Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a súa traxectoria profesional nos informativos de Radio Galicia-Cadena SER. Máis tarde traballou en RadioVoz, cando tamén colaborou co suplemento literario de Tempos Novos, e en 2008 formou parte do redacción de Xornal de Galicia centrándose na crónica parlamentaria e na información política galega.

Foi un dos fundadores do xornal dixital Praza Pública, onde actualmente tamén é redactor, e diríxeo desde 2013. Tamén realiza colaboracións habituais no xornal Eldiario.es e na canle de televisión Nós. Véxase tamén

Outros artigos Praza Pública Marcos Pérez Pena

Ligazóns externas Perfil en Praza Pública Perfil en Eldiario.es

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela