Air Burkina SA é a aeroliña nacional de Burkina Faso. Opera voos regulares dende a súa principal base no aeroporto de Uagadugú cara a un único destino doméstico, o aeroporto de Bobo Dioulasso, ademais de servizos rexionais a Togo, Benín, Malí, o Níxer, Costa do Marfil, o Senegal e Ghana. Dende 2001 ata 2017 a compañía foi propiedade na do consorcio AKFED/IPS, pero no presente están novamente en mans do goberno, con informes de que se está a buscar un novo investidor para a aeroliña.
Historia A aeroliña fundouse o 17 de marzo de 1967 co nome de Air Volta. Oriximalmente era propiedade en parte do goberno de Burkina Faso e en parte de Air France, quedando o resto en mans privadas. No ano 1978 mercou o seu primeiro avión, un Embraer EMB-110 Bandeirante, e o segundo, un Fokker F28, chegou en 1983.
Co paso doa anos a compañía tivo serios problemas de débedas, chegando a ter un déficit dun billón de francos CFA en 1992 (ao redor dun millón e medio de dólares). En parte debido a estes problemas, o goberno privatizou a aeroliña o 21 de febreiro de 2001, transferindo o 56% das súas accións ao consorcio AKFED/IPS, parte da Aga Khan Development Network. O goberno retivo o 14% das accións. Tras a privatización e a liquidación de Air Afrique en 2001 a débeda da aeroliña aliviuse quedando as previsións nuns ingresos anuais de 3,5 billóns de francos CFA.
En agosto de 2013 informes de prensa anunciaron que o goberno falaría co principal accionista, AKFED & IPS, tras o recente Consello de Ministros para discutir do estado financeiro da aeroliña. Segundo o Ministro de Infraestruturas e Transportes, un informe presentado ao goberno afirmaba que Air Burkina "encaraba unha situación financeira difícil". En maio de 2017 anunciouse que o goberno faríase cargo da xestión da aeroliña tras a sinatura dun contrato de cesamento de xestión con AKFED, que vendeu as súas acción ao simbólico prezo dun franco.
Frota En maio de 2018 a frota de Air Burkina estaba formada polos seguintes avións: + Air Burkina fleetAviónEn servizoPasaxeirosNotasCYTotalEmbraer E-1702125668Total2
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Burkina Faso