En informática, .bak é unha extensión de arquivo que xeralmente adoita sinalar unha copia de seguridade dun ficheiro.
Cando un programa está a punto de sobrescribir un ficheiro existente (por exemplo, cando o usuario garda un documento no que está traballando), o programa primeiro pode facer unha copia do ficheiro existente anexando .bak ó nome do ficheiro. Este esquema común de nomes .bak permite recuperar contidos orixinais do arquivo se houbese algún problema. Un usuario pode facer a man unha copia do arquivo antes do cambio e poñer .bak ó final do nome do arquivo.
Están xeneralizados tamén outros esquemas de nomenclatura para este traballo: ficheiro~, ficheiro.orig, ficheiro.old, entre outros.
Aplicacións de base de datos como FoxPro e SQL Server usan ficheiros .bak para facer unha copia de seguridade das súas bases de datos e outras aplicacións. XML shell tamén crea ficheiros .bak no seu proceso de autogardado. Non son automaticamente eliminados, polo que esta tarefa debe ser feita manualmente após o proceso que os utiliza é detido, en caso de desexalo.
Programas que utilizan .bak
Isto é unha lista parcial de aplicacións que xeran .bak (nalgúns casos é unha configuración opcional): Apophysis7X Alteryx Aspell Audacity AutoCAD Blue Griffon Cubase Draftsight Family Tree Maker Finale Notepad FoxPro FormZ Google Chrome Grabilla HxD HyperCam JavaFX Scene Builder Lazarus LMMS MATLAB Minitab Mupen64 Notepad++ NUPS Opera Outlook Express Password Safe (.ibak) Photoshop PScad Sony Vegas SQL Server SCIA Engineer Steinberg Cubase Starbound TeamViewer Manager Terraria Turbo C++ UltraEdit VEE WhatsApp Windows (BOOTSECT.BAK) WinMerge Word Zmodeler Notas
Ligazóns externas
ficheiro BAK Comandos FoxPro que crean ficheiros de copia de seguridade (.BAK & .TBK)
Categoría:Formatos de ficheiro