Ayaan Hirsi Ali, nada como Ayaan Hirsi Magan en Mogadixo o 13 de novembro de 1969, é unha activista, escritora, política e feminista atea somalí-holandesa-estadounidense, que é coñecida polos seus puntos de vista críticos do islam e a defensa dos dereitos e da autodeterminación das mulleres musulmás. Oponse activamente ós casamentos forzados, ós crimes de "honra", ós casamentos infantís e á mutilación xenital feminina. Filla do político somalí e líder da oposición Hirsi Magan Isse, ela é unha das fundadoras da organización de defensa dos dereitos das mulleres AHA Foundation.Sítio oficial da AHA Foundation. Páxina visitada o 13 de novembro de 2013.
Traxectoria Cando tiña oito anos, a súa familia deixou Somalia e marchou cara a Arabia Saudita, despois a Etiopía, e acabaron por se instalar en Kenya. Pediu e obtivo asilo político nos Países Baixos en 1992, en circunstancias que máis tarde se tornaron o centro dunha controversia política. En 2003 foi elixida membro da Cámara dos Representantes (cámara baixa do parlamento holandés), representando o Partido Popular para a Liberdade e Democracia (VVD). Unha crise política en torno á posible eliminación da súa cidadanía holandesa levona a renunciar ó parlamento, e supuxo indirectamente a caída do segundo despacho Balkenende en 2006.
Hirsi Ali era unha musulmá devota que abandonou a súa fe e se converteu en atea cunha forte crítica do islam. En 2004, colaborou, escribindo o guión dunha curtametraxe con Theo Van Gogh, titulado Submisión, un filme que retrataba a opresión das mulleres baixo a lei islámica. O filme provocou moitas controversias e ameazas de morte. Van Gogh foi asasinado máis tarde aquel ano por Mohammed Bouyeri, un terrorista islámico marroquí-holandés. Hirsi Ali mantén que "o islam é parte relixión, e parte doutrina político-militar, e a parte que é unha doutrina política contén unha visión de mundo, un sistema de leis e un código moral que é totalmente incompatíbel coa nosa Constitución, as nosas leis, e o noso modo de vida." Tendo anteriormente argumentado que o islam estaba alén da reforma, no seu máis recente libro Heretic (2015), apela a unha reforma do islam derrotando os islamitas e apoiando os musulmáns reformistas.
En 2005, ela foi nomeada pola revista Time como unha das 100 persoas máis influentes do mundo. Tamén recibiu varios premios, inclusive un premio de liberdade de expresión do xornal danés Jyllands-Posten, o Premio Democracia do Partido Liberal Sueco, e o Premio Coraxe Moral de compromiso coa resolución de conflitos, ética e cidadanía mundial.
Vida persoal Casou co historiador británico e comentarista público Niall Ferguson. Conseguiu a cidadanía dos Estados Unidos o 25 de abril de 2013.
Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Mogadixo Categoría:Feministas de Somalia Categoría:Políticos dos Países Baixos