miniatura|Logotipo de 21 Días co Galego. 21 Días co Galego é unha campaña de dinamización lingüística que puxo en andamento o IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013. Os seus obxectivos son perfeccionar a competencia do alumnado e promover a reflexión individual sobre os propios usos lingüísticos.
Iniciouna a profesora Pilar Ponte Patiño con alumnado da ESO e do Bacharelato. O alumnado que participa adquire o compromiso de vivir tres semanas usando a lingua galega en todos os ámbitos, reflexionando sobre o que esa práctica significa. Ao rematar conta nun vídeo a súa experiencia nas últimas 24 horas. En 2015 recibiu o premio de innovación educativa en normalización lingüística convocado pola Consellería de Educación.
En 2016 sumouse o profesor Carlos Medrano con alumnado do colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña. Participan escritoras/es, artistas, músicas/os como apoio. Entre elas/es Agustín Fernández Paz, Mercedes Peón, Elena Gallego, Leilía e Roberto Vilar.
miniatura|esquerda|Presentación da campaña en 2019. En 2019, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coordinado por Pilar Ponte, estendeuse ao IES Pontepedriña de Santiago de Compostela, ao IES Daviña Rei de Monforte de Lemos, ao IES Otero Pedrayo de Ourense e ao IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e cambiou o nome a 21 días co galego e máis chegando en 2021 a 3738 participantes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de 21 Días co Galego
Blog de 21 días co galego e máis
Categoría:Normalización lingüística do galego