Antón de Borbón (en ), nado en La Fère o 22 de abril de 1518 e finado en Ruán o 10 de novembro de 1562, foi un príncipe de sangue francés. Ostentou os títulos de duque de Borbón e de Vendôme, como xefe da Casa de Borbón (1537-1562); porén, é máis coñecido por ser rei de Navarra por matrimonio (jure uxoris) xunto á súa esposa, Xoana Albret (1555-1562).
Traxectoria Naceu en Picardía, sendo o cuarto fillo, e o segundo home de Carlos IV, duque de Borbón e de Vendôme, e doutra princesa de sangue, Francisca de Alençon, da Casa de Valois.Trevor Dupuy, Curt Johnson and David L. Bongard, The Harper Encyclopedia of Military Biography, (Castle Books: Edison, 1992), 98. Foi o irmán máis vello de Luís de Borbón, príncipe de Condé.
O 20 de outubro de 1548, contraeu matrimonio con Xoana de Albret, the daughter of Henrique II de Navarra e Margarida de Angoulême.Dupuy, Trevor, 98. Casou na cidade de Moulins, converténdose xunto a esta en rei de Navarra. Segundo os rexistros, Xoana estaba moi namorada del,Robin, Larsen and Levin. p. 2. pero as accións deste amosaron a pouca lealdade que tiña cara a ela. O reino atopábase na súa maior parte ocupado dende 1512 polas tropas castelás de Fernando o Católico, polo que Antón fixo o posible por restablecelo, transformándose este no seu principal obxectivo.
No eido relixioso, a diferenza do seu irmán e da súa propia muller, nunca foi un fervoroso protestante, de feito cambiou varias veces de relixiónMack P. Holt, The French Wars of Religion, 1562–1629, (Cambridge University Press: New York, 2005), 52. segundo as conveniencias políticas que estas trouxesen, e cando a súa muller autorizou ós hugonotes a saquear as igrexas de Vendôme, tratou de repudialaRobin, Larsen and Levin. p. 3. e enviala a un convento, tendo esta que fuxir a Bearne. Tivo un romance con Louise de la Béraudière, "la belle Rouet," con quen tivo un fillo, Carlos III de Borbón (1554–1610) que se convertería en arcebispo de Ruán.David Bryson, Queen Jeanne and the Promised Land, (Koninklijke Brill NV:Leiden, 1999), 219.
Non foi un home estable. A tolemia na casa de Borbón foi común e foi bastante manipulado polos sectores máis católicos e próximos á rexente Catarina de Medici. Como tenente xeneral do Reino, comandou o asedio de Ruán e foi mortalmente ferido o 13 de novembro de 1562. Morreu en Les Andelys, Eure.
Descendencia Do seu matrimonio naceron 5 fillos: Henrique de Navarra, infante (1551-1553), duque de Beaumont; Henrique III de Navarra (1553-1610), rei de Navarra e, posteriormente, rei de Francia co nome de Henrique IV; Luís Carlos de Navarra, infante (1555-1557), conde de Marles; Madalena de Navarra, infanta (1556); Catarina de Borbón (1559-1604), duquesa de Albret, condesa de Armañac e Rodes, casada en 1599 co duque Henrique II de Lorena.
Notas
Categoría:Nados en 1518 Categoría:Finados en 1562 Categoría:Nados no departamento de Aisne Categoría:Casa de Borbón