A Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM) creouse en Roma coa sinatura do tratado da Comunidade Europea da Enerxía Atómica, o 25 de marzo de 1957, asinada xunto co tratado que daba orixe á Comunidade Económica Europea (CEE).

Establécese como obxectivo o desenvolvemento dunha industria propia nuclear europea mediante a creación dun mercado común de equipamento e materiais nucleares, así como o establecemento dunhas normas básicas en materia de seguridade e protección da poboación.

O tratado, que foi firmado polos seis países fundadores da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e da Comunidade Económica Europea (Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos), entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958.

Categoría:Enerxía nuclear Categoría:Organizacións Categoría:Unión Europea