Asclepíades de Mirlea foi un gramático, historiador e astrónomo grego nado en Mirlea (Bitinia) e que viviu no século -II e -I. Era fillo de Diótimo e discípulo de Apolonio de Rodas. En tempos de Pompeio o Grande ensinaba gramática en Roma. Viviu unha tempada na Península Ibérica.

Traxectoria Só se conservan fragmentos do que ao parecer foi unha extensa obra en grego.

Como gramático escribiu varios tratados sobre gramática e gramáticos, tratados exexéticos sobre Homero e unha monografía sobre a Copa de Néstor.

Como astrónomo escribiu varias obras (hoxe perdidas) sobre Arato, Teócrito, e unha monografía sobre as Pléiades.

Segundo Estrabón residiu unha tempada en Hispania e deixou unha relación das súas tribos que utilizou o xeógrafo grego. É mencionado tamén como autor dunha Historia de Bitinia, de polo menos 10 libros. Xeralmente é considerado autor dunha historia de Alexandre Magno mencionada por Flavio Arriano. Como Suídas o sitúa cen anos antes, supúxose que podían existir dous Asclepíades de Mirlea, un sería o avó, e o outro, o fillo ou o neto. Ateneo de Naucratis cre que Asclepíades, un escritor grego, fillo de Areo, que escribiu unha obra sobre Demetrio de Falero, podería ser o mesmo personaxe.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Gramáticos Categoría:Nados no século -II Categoría:Finados no século -I