Rita de Cascia, nada en Roccaporena (Perugia) en 1381 e finada en Cascia o 22 de maio de 1457, foi unha relixiosa italiana e unha das santas máis populares da Igrexa católica. O seu nome é probablemente unha abreviación de Margherita. Os seus símbolos representativos son as rosas e os figos.

Traxectoria Rita naceu na aldea de Roccaporena, cinco quilómetros ó oeste da vila de Cascia (provincia de Perugia, rexión de Umbría). Naceu de pais maiores, e foi bautizada co nome de Margherita Lotti.

A pesar de que quería ser monxa, cando tiña 14 anos de idade os seus pais casárona cun home da vila, chamado Paolo Mancini.midwestaugustinians.org . Tiveron dous fillos xemelgos, Jacobo e Paolo. Un día Mancini foi emboscado e asasinado.

Unha vez viúva, Rita pediu a admisión ao mosteiro das agostiñas de Santa María Madalena, en Cascia (estabelecido en 1256). Pero non foi aceptada debido a que só se permitían virxes. Un ano máis tarde (1417) tamén morreron os seus dous fillos púberes. Sen obrigacións familiares, Rita foi aceptada no convento, recibiu os hábitos de monxa, e máis tarde realizou a súa profesión de fe. Tiña 36 anos. No convento, Rita entregouse a unha vida de oración e penitencia.

Morte miniatura|250x250px|Corpo incorrupto de Santa Rita situado na Basílica de Santa Rita en Cascia, Italia. Rita morreu no convento agustiniano o 22 de maio de 1457 á idade de 76 anos. A xente agrupouse no lugar para amosar os últimos respectos ó seu cadáver, que emitía unha intensa fragrancia doce (coma se fose embalsamado). O seu corpo consérvase até o presente (aínda que moi deshidratado). Empezaron a correr rumores de que por intercesión da monxa, sucedían curacións milagrosas. Así a devoción cara a Rita estendeuse por toda Italia.

Notas

Categoría:Nados en 1381 Categoría:Finados en 1457 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados na provincia de Perugia Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia