A paronimia é unha relación semántica entre dúas (ou máis) palabras semellantes no son, pero que se escriben de forma diferente e teñen significados distintos.
Exemplos aceitar (poñer aceite) – aceptar (admitir). actuar (representar) – atuar (tratar de ti). coar (filtrar) – colar (adorno). concelleiro (do concello) – conselleiro (do consello). enoloxía (viños) – etnoloxía (pobos). enxerir (enxertar) – inxerir (tragar) – inserir (introducir). esgrevio (áspero, dificultoso) – egrexio (ilustre, insigne). especia (condimento) – especie (tipo, clase). esterno (óso) – externo (exterior). flamenco (canto) – flamengo (ave, Flandres). furna (caverna mariña) – urna (caixa para as votacións). medicina (ciencia, medicamento) – menciña (medicamento). misto (fósforo) – mixto (mesturado). rola (paxaro) – rolla (tapón). seo (peito) – seno (no triángulo). sono (gana ou acto de durmir) – soño (imaxes oníricas). triunfo (vitoria) – trunfo (naipe).
Categoría:Semántica Categoría:Lexicoloxía