US-Bangla Airlines é unha aeroliña de Bangladesh con sede en Dacca e baseada no aeroporto Hazrat Shahjalal. A compañía é unha subsidiaria de US-Bangla Group, unha empresa conxunta estadounidense-bangladeshí.

Historia US-Bangla Airlines comezou a operar o 17 de xullo de 2014. Inicialmente a aeroliña lanzou dous destinos domésticos dende o seu centro de conexións en Dacca: Chittagong e Jessore. Os voos cara Cox's Bazar dende Dacca lanzáronse en agosto, e en setembro comezaron os servizos a Saidpur.

En xullo de 2016 a aeroliña anunciou plans para incorporar os seus primeiros dous avións Boeing 737-800 en setembro dese mesmo ano e posteriormente lanzar novas rutas internacionais cara Singapur, Dubai, Calcuta, Kuala Lumpur, Bangkok, Mascate e Cantón.

Frota miniatura|right|Bombardier Q400 En marzo de 2018 a frota de US-Bangla Airlines estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de US-Bangla Airlines Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas TotalBoeing 737-800438156162Bombardier Q40033—7676Total76

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Bangladesh