Quintela é un lugar da parroquia de Canedo, no concello ourensán de Ourense, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2022 tiña 136 habitantes (66 homes e 70 mulleres). Dista catro quilómetros da capital.
Quintela conta cunha zona verde de 1534 m² cunha zona recreativa. Tamén conta cun pequeno parque empresarial onde están asentadas empresas de moito peso na provincia. Este núcleo de poboación ten boa comunicación coa capital por medio das diversas liñas de transporte urbano que pasan por ela.
Xeografía Pola parte sur de Quintela discorre o río Miño, onde tamén hai un paseo peonil con xardíns, unhas termas de auga quente e o único muíño restaurado do río Miño ao paso pola cidade de Ourense.
Lugares e parroquias Lugares de Canedo
Parroquias de Ourense
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourense
Categoría:Lugares de Ourense