Celia Recarey Rendo, nada en Dodro en 1977, é unha tradutora galega.Celia Recarey: “A falta de traducións fai que a cultura galega estea coxa” , entrevista en Biosbardia o 11 de maio de 2015
Traxectoria Estudou Tradución e Interpretación na Facultade de Tradución da Universidade de Vigo, onde se licenciou. Así mesmo, fixo un máster en edición na Universidade de Salamanca.
É confundadora canda a Carlos Valdés da editorial Irmás Cartoné.«Irmás Cartoné, libros para “xente de a pé”» , Sermos Galiza, 20 de xullo de 2015 Traduciu ao galego dende a lingua orixinal obras de autores como Virginia Woolf, Sherwood Anderson, Jane Austen, Rudyard Kipling ou Katherine Mansfield.
Obra Traducións ao galego 300px|miniatura|De esquerda a dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017. Quince relatos, de Rudyard Kipling, 2002, Ir Indo. ISBN 84-7680-411-3. Orlando. Unha biografía, de Virginia Woolf, 2014, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-01. Hadrián VII, de Frederick Rolfe, 2014, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-1-8. O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-3-2 (traducido xunto con Carlos Valdés García). Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-4-9 (traducido xunto con Carlos Valdés García). O gozo das damas, de Émile Zola, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-7-0. Ethan Frome, de Edith Wharton, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-8-7. Ruar. Unha aventura londiniense, de Virginia Woolf, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-5-6. Silas Marner. O tecelán de Raveloe, de George Eliot, 2016, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-945411-0-0. Persuasión, de Jane Austen, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-945411-3-1. Kipps, de H. G. Wells, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-945411-4-8. Canción de solpor, de Lewis Grassic Gibbon, 2018, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-0-8. A señora Dalloway, de Virginia Woolf, 2018, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-2-2. O conto da criada, de Margaret Atwood, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-3-9 (traducido xunto con Carlos Valdés García). O inferno, de Henri Barbusse, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-4-6. David Golder, de Irène Némirovsky, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-5-3. Martin Eden de Jack London, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-7-7. Plasticus maritimus, unha especie invasora, 2020, Kalandraka. ISBN 978-84-1343-016-4. O sorriso do coñecemento, 2021, Kalandraka. ISBN 978-84-1343-095-9 O Grande Hotel Babylon, Arnold Bennett, Irmás Cartoné (traducida xunto con Carlos Valdés) Cabalo baio, xinete pálido, de Katherine Anne Porter, 2022, Irmás Cartoné. Expiación e outros relatos, de Edith Wharton, 2023, Irmás Cartoné. Jane Eyre, de Charlotte Brontë, 2023, Irmás Cartoné. Os caravanistas, de Elizabeth von Arnimn, 2024, Irmás Cartoné.
Premios
Premio de tradución da IV Gala do Libro Galego (2019), por A señora Dalloway (2018). 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de tradución por Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Bitraga. Perfil en Translatorscafe.com .
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Dodro Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca