Pedersöre (en finés Pedersören kunta, coñecido antes de 1989 como Pietarsaaren maalaiskunta) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Ostrobotnia. En 2017 a súa poboación era de 11.088 habitantes. A superficie do termo municipal é de 826,05 km2, dos cales 31,77 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 13,96 hab./km².

Limita cos municipios de Jakobstad, Kronoby, Larsmo, Nykarleby, Evijärvi e Kauhava, estes dous últimos na rexión veciña de Ostrobotnia do Sur.

O concello é bilingüe con maioría de falantes de sueco e minoría finés.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

Ligazóns externas Sitio web de Pedersöre

Categoría:Municipios de Ostrobotnia