miniatura|Moeda romana dunha semuncia, ca.215-211 a. de C. Anverso: cabeza de Mercurio con pétaso alado, ollando á dereita. Reverso: proa de barco, con ROMA enriba. Peso: 5,1 g. Diámetro: 20 mm. miniatura|Semuncia de Roma ca. 217-215 a. de C. Anverso: cabeza feminina torreada e drapeada. Reverso: xinete con látego, coa lenda ROMA embaixo. Diámetro: 20 mm. Peso: 6,08 g. A semuncia (voz latina; en galego: "media onza") foi unha moeda da Antiga Roma de bronce co valor da cuarta parte dunha onza romana ou uncia, ou da vinte e catroava parte dun ás, emitida na época da República."Semuncia". En Alfaro Asins, C. et al. (2009)"Semuncia". En Amandry (2001)."Semuncia". En Forum Ancient Coins.
Previamente á súa amoedación, era tamén unha unidade ponderal, coa mesma equivalencia respecto da uncia e da libra como unidades de peso."Peza do mes ". Abril de 2010. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. . Páxina 3: "No sistema ponderal romano, os referentes de peso básico eran a libra e os seus divisores: [...] semuncia, 1/24 [...]"
Historia A existencia desta moeda correspóndese coa segunda parte do século III a. de C., cos primeiros momentos das emisións republicanas de moedas de bronce fundidas, de cuxas series era o valor máis baixo (coa excepción da quartuncia -1/4 de uncia-, que non tivo un carácter regular dentro do sistema monetario).Crawford, M. H. (1974). Páxina 6."Semiuncia, semuncia". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com
Di Varrón acerca do seu valor:Varrón. Lingua latina. 5, 171.
Ocasionalmente aparece asociada ás marcas Σ ou S nos seus anversos, como indicativa do seu valor."Semuncia". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
Os tipos máis comúns dos seus anversos foron a cabeza de Mercurio ou a representación dunha landra; en tanto que na maioría dos seus reversos se amosa un caduceo ou a tradicional proa de barco baixo a lenda ROMA, característica das emisións romanas de bronce desta época.Sear, D. R. (2000). Páxinas 177-178, 188-189 e 257-258. Con todo, tampouco é infrecuente a aparición de motivos diversos.Descrición e fotografías de semuncias . En Coinage of the Roman Republic Online. www.numismatics.org
A semuncia déixase de emitir arredor do ano 210 a. de C., coincidindo coa aparición do denario. Ademais da propia cidade de Roma, foi tamén cuñada en diversas cidades da Península Itálica."The semuncia ". En Roman bronze coins . www.monete-romanae.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Roma
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press. Cambridge, 1974. ISBN 0521074924 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Sear, D. R. Roman Coins and Their Values - The Millennium Edition. Volume I: The Republic and The Twelve Caesars, 280BC-AD96. Spink. Londres, 2000. ISBN 1 902040 35 X Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8 William Boyne, A Manual of Roman Coins: from the earliest period to the extinction of the empire. W. H. Johnston, 1865.
Ligazóns externas
"Semuncia". Descricións e fotografías de semuncias en CoinArchives. Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso