Mud é un filme estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Jeff Nichols. Está protagonizado por Matthew McConaughey, Tye Sheridan, Jacob Lofland, Sam Shepard e Reese Witherspoon. O filme competiu pola Palma de Ouro no Festival de Cinema de Cannes de 2012. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance en xaneiro de 2013. Tamén tivo unha estrea limitada nos cinemas o 26 de abril de 2013, antes da súa estrea masiva o 10 de maio de 2013. Tivo unha boa acollida en recadación, conseguindo $32,6 millóns sobre un orzamento de $10 millóns, e tamén foi aclamado pola crítica.

Personaxes Matthew McConaughey como Mud Reese Witherspoon como Juniper Tye Sheridan como Ellis Jacob Lofland como Neckbone Sam Shepard como Tom Blankenship Ray McKinnon como Senior Sarah Paulson como Mary Lee Michael Shannon como Galen Joe Don Baker como King Paul Sparks como Carver Stuart Greer como Miller Michael Abbott Jr. como James

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jeff Nichols Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment