Os tisanuros (Thysanura) é o nome dunha orde de insectos hoxe desaprobada, pero que durante un século fora recoñecida como orde válida. Os dous grupos constituíntes desta orde tradicional eran os Archaeognatha e os Zygentoma, que compartían varias características, como a de ter tres longos filamentos caudais, sendo os dous laterais cercos, mentres que o medial é un apéndice cerciforme diferente chamado epiprocto. Ambos eran tamén insectos sen ás e tiñan corpos cubertos de finas escamas, bastante parecidas ás dos Lepidoptera (os cales, non teñen practicaemnte relación con eles). A finais do século XX, recoñeceuse que as dúas subordes non eran taxons irmáns, polo que Thysanura era parafilético, e as dúas subordes foron elevadas á categoría de ordes, independentes e monofiléticas, e os Archaeognatha consideráronse un taxon irmán dos Dicondylia, estes últimos inclúen os Zygentoma entre moitos outros.A. Blanke, M. Koch, B. Wipfler, F. Wilde, B. Misof (2014) Head morphology of Tricholepidion gertschi indicates monophyletic Zygentoma. Frontiers in Zoology 11:16 doi:10.1186/1742-9994-11-16
miniatura|Membro típico da orde Archaeognatha Aínda que o grupo "Thysanura" xa non se recoñece como válido, o nome aínda aparece nalgunhas publicacións.
Etimoloxía O nome Thysanura deriva do grego θυσάνος, thysanos 'fleco, sedas' e οὐρά, oura 'cola', unha referencia aos seus tres filamentos caudais dispostos en abano.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Charles A. Triplehorn e Norman F. Johnson, Borror and DeLong's Introduction to the Study of Insects, 7th edition (Thomas Brooks/Cole, 2005), pp. 177–180 Firefly Encyclopedia of Insects and Spiders, editado por Christopher O'Toole, , 2002
Ligazóns externas Thysanura – Tree of Life Web Project Artigo do Virginia Extension Service
Categoría:Insectos