Un milleiro de soles espléndidos (en ) é unha novela do escritor afgán Khaled Hosseini, publicada en 2007. É a súa segunda novela, despois do seu debut en 2003 con O cazador de papaventos. Mariam é unha filla ilexítima, e sofre tanto o estigma que rodea o seu nacemento como o abuso que ó que se enfronta despois do seu matrimonio. Laila, nada unha xeración despois, é en comparanza unha privilexiada durante a súa xuventude. As súas vidas crúzanse cando se ve obrigada a aceptar unha proposta de matrimonio de Rasheed, o esposo de Mariam.
Hosseini destacou nesta novela a súa intención de facer unha "historia de nai e filla" en contraste con O cazador de papaventos, que el considera unha "historia de pai e fillo". Continúa algúns dos temas que empregou na súa obra anterior, como as relacións familiares, pero nesta ocasión céntrase nas personaxes femininas e o seu papel dentro da sociedade afgá.
Notas
Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Novelas de Khaled Hosseini Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego