Cáchira é un concello colombiano, que se localiza no departamento de Norte de Santander. Ten unha superficie de 605,94 km² e 10 970 habitantes (2015). Situado a 2.025 m sobre o nivel do mar, limita ao norte cos municipios de Ábrego e Villa Caro, no sur co departamento de Santander, ao leste con Salazar de las Palmas e Arboledas e ao oeste con La Esperanza. O concello divídese en 2 correxementos e 58 vereas.
Historia O nome procede supostamente dunha india chamada Cachara, que á chegada dos españois casou cun dos conquistadores. A cidade non se fundou oficialmente ata 1811 e recoñeceuse como municipio en 1897.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Norte de Santander