miniatura|Richard Meier en 2009. miniatura|High Museum, Atlanta. miniatura| O Ateneo, New Harmony, Indiana. Richard Meier, nado o 12 de outubro do 1934 en Newark (Nova Jersey), é un arquitecto estadounidense de finais do século vinte, coñecido mundialmente polo uso da cor branca nas súas obras.
Traxectoria Acadou a Graduación de Arquitecto na Universidade Cornell no ano 1957, traballando para SOM (Skidmore, Owings e Merrill) durante o 1959, máis tarde para Marcel Breuer por tres anos, xusto antes de comezar o seu propio estudio no ano 1963. Recoñecido como un dos cinco de Nova York, o seu legado do Museo Getty na cidade dos Ánxeles (California) catapultouno á fama.
No 1984 foi galardoado co Premio Pritzker.
Obras destacadas Torre ECM, Praga, República Checa, 2004-2007. Edificio Tecnolóxico das Ciencias da Saúde, Ithaca, Nova York, 2007. Museo Frieder Burda, Baden Baden (Alemaña), 2004. Sandra Day O'Connor United States Courthouse, Phoenix (Arizona) 2000. Centro Getty, Os Ánxeles 1997. Museo da Television e Radio, Beverly Hills (California), 1996. Museo de Arte Contemporánea de Barcelona, Barcelona (España), 1995. O Hague, 1995. Ala de Arte Moderna Centro de Arte Des Moines, Des Moines (Iowa), 1984. Museo de Arte, Atlanta, Xeorxia, 1983. O Ateneo, New Harmony, Indiana, 1979. Centro de Desenvolvemento Bronx, Bronx, Nova York, 1976. Casa Douglas, Harbor Springs, Míchigan, 1973. Casa Smith, Darien, Connecticut, 1965-1967.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Richard Meier Premio Pritzker
Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América do século XX Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América do século XXI Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Nados en 1934