Álex Rodríguez, nado en Saint-Martin-d'Hères o 18 de maio de 1971, é un editor de cinema mexicano, con máis que vinte créditos de filmes.
Traxectoria Editou numerosos filmes de Alfonso Cuarón, comezando con Y tu mamá también (2001). El e Cuarón foron nomeados ó Oscar á mellor montaxe polo filme Children of Men (2006). O crítico Wesley Morris describiu o seu traballo deste xeito: "Children of Men" ten unha inmediatez ampulosa que é singular nesta era de corte rápido. Xunto con Álex Rodríguez, Cuarón monta o cadro el mesmo, e mentres usa os efectos dixitais como enriquecemento, constrúe escenas dentro do marco da cámara no canto de só unha sala de edición. Así que o filme é tan teatral como cinematográfico."
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1971