A Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva, máis coñecida como Peña Deportiva (en catalán: Penya Esportiva), é un club de fútbol español de Santa Eulària des Riu, na illa de Eivissa. Actualmente xoga na Terceira División Española.
Historia O equipo nace o 31 de marzo de 1935, e vai ascendendo categorías ata chegar ao grupo balear da Terceira División na tempada 1985-86. Da man de Antonio Arabi Serra, ex xogador do RCD Espanyol de Barcelona, o equipo disputa a súa primeira tempada en Segunda División B no curso deportivo 1993/94. O conxunto conseguiu o ascenso grazas ao descenso por falta de pagamento aos xogadores da SD Ibiza na campaña 1992-93. Con todo, na seguinte tempada non consegue a permanencia e volta a Terceira.
En 2000, 2004, 2005 e 2006 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Na tempada 2007/08, o Peña Deportiva supera as dúas eliminatorias contra UD Mutilvera e CD Don Benito e volta á categoría de bronce. Igual que na tempada do seu debut, o equipo non consegue manterse na categoría.
En 2010, 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Non obstante, o descenso do Mallorca B de Segunda B a Terceira arrastrado polo descenso do Mallorca a Segunda B deixou unha praza vacante na categoría, que foi ocupada polo Peña Deportiva. O seu paso pola categoría, igual que os dous anteriores, saldouse co descenso.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 3 Tempadas en 3ª: 31
Palmarés Terceira División (3): 2003-04, 2005-06, 2012-13 Subcampión de Terceira División (2): 1992-93, 2009-10 Rexional de Castela e León (1): 2015-16 Provincial de Salamanca (1): 2014-15
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Peña Deportiva Peña Deportiva Peña Deportiva