miniatura|250px Nikolaus Günther Nakszynski, coñecido como Klaus Kinski, nado en Sopot, Gdansk, o 18 de outubro de 1926 e finado en Lagunitas (California) o 23 de novembro de 1991, foi un actor alemán famoso pola súa contundencia e expresividade diante das cámaras.
Traxectoria O seu pai era un farmacéutico chamado Bruno Nakszyński e a súa nai unha ama de casa chamada Susanne Lutze. Con catro anos a familia trasladouse de Danzig a Berlín. Coa explosión da segunda guerra mundial uniuse ó exército alemán e foi destinado aos Países Baixos, onde caeu prisioneiro de guerra polos británicos. Pasou a maior parte da guerra naquel campo e foi alí onde descubriu o seu talento para a interpretación, actuando para os demais presos.
Rematada a contenda, regresou á súa Alemaña natal e comezou a actuar en pequenos papeis para o teatro, aínda que se decantaría pola gran pantalla onde estaba mellor remunerado economicamente. Pese a que nun primeiro momento aceptase pequenos papeis a súa grande oportunidade chegou da man do director Werner Herzog para a película Aguirre, der Zorn Gottes (1971) onde daba vida a un explorador español lunático e obsesivo na procura de El Dorado. Daquela colaboración xurdiu unha relación entre Werner e Kinski que remataría quince anos despois coa película Cobra Verde (1987) debido ás numerosas discusións e tensións entrambos. Pese a todo, algunhas das películas en común como Aguirre, a cólera de Deus, Woyzcek, Nosferatu, a pantasma da noite e Fitzcarraldo son consideradas polos críticos coma obras mestras do cine europeo.
Logo de romper a relación con Werner, asumiu a dirección e interpretación na película biográfica Paganini (1989).
Tres anos despois morrería dun ataque ó corazón ós 65 anos e ninguén salvo o seu fillo Nanhoï acudiu ó funeral e ó esparexemento das súas cinzas.
Fóra das pantallas era considerado un maníaco sexual, violento e temperamental aínda que un traballador nato e moi perfeccionista co seu traballo. Casou tres veces e ten recoñecidos cinco fillos, tres deles actores na actualidade.
Citas
Véxase tamén Ligazóns externas Filmografía na IMDb Páxina sobre o actor
Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en Sopot Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1991