María Isabel Celaá Diéguez, nada en Bilbao o 23 de maio de 1949, é unha política e catedrática de ensino secundario vasca, membro do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSOE-EE) e antigua portavoz e exministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España desde 2018 ata 2021.

Traxectoria política Inicios Iniciouse na política en 1987 como responsable do gabinete do conselleiro de Educación, Universidades e Investigación José Ramón Recalde. Tras o breve interregno do goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Euskadiko Ezkerra de 1991, foi viceconselleira de Educación, Universidades e Investigación con Fernando Buesa como conselleiro ata o fin da lexislatura (1995). Na seguinte lexislatura abandonou as responsabilidades educativas, sendo directora de gabinete do conselleiro de Xustiza, Economía, Traballo e Seguridade Social, Ramón Jáuregui. Desde outubro de 1998 é parlamentaria autonómica vasca por Biscaia. Como parlamentaria foi responsable dos temas educativos do seu grupo. Entre 2008 e 2009 foi vicepresidenta primeira do Parlamento Vasco.

Conselleira de Educación De 2009 a 2012 exerceu o cargo de conselleira de Educación, Universidades e Investigación no Goberno Vasco presidido por Patxi López. Impulsou a reforma da Educación Pública Vasca, apostando fortemente polo trilingüismo e a incorporación de novas tecnoloxías en centros escolares, mediante o programa Eskola 2.0. Tamén concedeu gran protagonismo á Formación Profesional.

Celaá combateu o adoutrinamento nacionalista nas aulas. A súa primeira medida foi derrogar o currículo escolar (marca o que deben estudar os alumnos ata os 16 anos) aprobado polo seu antecesor, Tontxu Campos (de Eusko Alkartasuna) para desposuír ao currículo escolar da carga ideolóxica nacionalista que lle infundira o Goberno Vasco anterior, onde gobernaba o PNV en coalición con EA e Esquerda Unida. Entre outras cuestións, ese currículo fixaba o éuscaro como lingua preferente na comunidade. Celaá equiparou éuscaro e castelán ao mesmo nivel, de acordo ao bilingüismo de Euskadi. Outro xesto, moi polémico, foi matizar no currículo escolar o termo «Euskal Herria», borrando a entidade política-administrativa que figuraba nos libros de texto, pero blindando o concepto cultural. «Non o imos a eliminar pola sinxela razón de que Euskal Herria existe. É o país do éuscaro e é un territorio que temos de cultura común, de lingua común e que compartimos os vascos», asegurou nunha das súas primeiras entrevistas como nova conselleira autonómica..

Durante a súa etapa como conselleira puxo en marcha os programas de presenza das vítimas do terrorismo nos centros educativos para que trasladasen a súa experiencia aos alumnos de Secundaria.

Foi cabeza de lista do PSE-EE ao Senado pola circunscrición de Biscaia nas eleccións xerais de 2015 e 2016 pero non resultou elixida.

Ministra de Educación Celaá foi elixida por Pedro Sánchez como ministra de Educación e voceira do seu novo goberno, tras o éxito da moción de censura que o PSOE presentou contra o anterior goberno de Mariano Rajoy (PP) en xuño de 2018.

Cargos desempeñados Viceconselleira de Educación, Universidades e Investigación (1991-1995) Membro do Parlamento Vasco (1998-2009) Conselleira de Educación, Universidades e Investigación (2009-2012) Membro do Parlamento Vasco (2012-2016) Presidenta da Comisión de Asuntos Europeos e Acción Exterior do Parlamento Vasco (2013-2016). Ministra de Educación e Formación Profesional (desde 2018)

Vida persoal Isabel Celaá é licenciada en Filosofía e Letras e Dereito polas universidades de Deusto e de Valladolid. Está casada e é nai de dúas fillas. Ten acreditado o nivel C1 de éuscaro mediante o título EGA. Viviu e estudou varios anos en Irlanda.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1949 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco Categoría:Ministros de Educación de España Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XIII Lexislatura