Luis Planas Puchades, nado en Valencia o 20 de novembro de 1952, é un político español, membro do PSOE e actual ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España.
Traxectoria É licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e premio Extraordinario de Licenciatura. É Inspector de Traballo e da Seguridade Social. En 1980 ingresa por oposición á Inspección de Traballo e é destinado a Córdoba.
Entre 1982 e 1986 foi deputado por Córdoba no Congreso dos Deputados e entre 1986 e 1993, deputado no Parlamento Europeo. Foi tamén conselleiro de Agricultura e Pesca (1993-1994) e conselleiro de Presidencia (1994-1996) da Xunta de Andalucía. En 1996 foi senador designado polo Parlamento de Andalucía.
Entre 2004 e 2010 foi embaixador de España en Marrocos, e entre 2010 e 2011, embaixador de España ante a Unión Europea. Posteriormente volveu a ocupar o posto de conselleiro de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente da Xunta de Andalucía (2012-2013). Entre 2014 e 2018 foi o secretario xeral do Comité Económico e Social da Unión Europea.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de ministros de Agricultura
Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Embaixadores de España en Marrocos Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Andalucía Categoría:Europarlamentarios de España (1984-1989) Categoría:Europarlamentarios de España (1989-1994) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XIII Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XV Lexislatura