Comunistes de Catalunya (en galego: Comunistas de Cataluña) é un partido político de ideoloxía comunista e catalanista radicado en Cataluña. Defínese como nacional e de clase, democrático, internacionalista e solidario, laico e feminista. Fundaméntase nos principios do marxismo, o feminismo, así como outras achegas á teoría e a práctica revolucionarias. Reclámase herdeiro da traxectoria histórica do PSUC.

Forma parte de Esquerra Unida i Alternativa (EUiA). Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, Comunistes de Catalunya apoiou a candidatura unitaria de Catalunya Sí que es pot e Joan Josep Nuet foi elixido deputado. Nas eleccións de 2015 e de 2016 ao Congreso dos Deputados, o partido apoiou a candidatura En Comú Podem, e obtivo dous deputados, Joan Mena e Félix Alonso.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Partidos políticos de Cataluña