Paweł Aleksander Pawlikowski, nado en Varsovia o 5 de setembro de 1957, é un director de cinema polaco. Acadou certa sona polos seus galardoados documentais na década de 1990 e polos seus filmes Last Resort e My Summer of Love, que gañaron senllos premios BAFTA e outros galardóns europeos. O seu filme Ida gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa no ano 2015. No Festival Internacional de Cine de Cannes de 2018, Pawlikowski gañou o premio de mellor director por Cold War.
Filmografía From Moscow to Pietushki with Benny Yerofeyev (1990) Dostoevsky's Travels (1991) Serbian Epics (1992) Tripping with Zhirinovsky (1994) Twockers (1998) The Stringer (1998) Last Resort (2000) My Summer of Love (2004) The Woman in the Fifth (2011) Ida (2013) Cold War (2018)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Directores de cinema de Polonia