Os cheyennes ou cheiéns son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheyenne está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome "cheyenne" deriva dunha palabra en lingua síux que significa 'Pequeno Cree'.

Historia Antes de seren internados en reservas, os cheyennes eran aliados dos arapaho e os lakota (síux). A nación cheyennes comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII, as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.

Na actualidade, os cheyennes do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheyennes do sur, xunto cos arapaho do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.

Xefes famosos Lobo Pequeno Estrela da Mañá

Idioma Tanto os cheyennes de Montana como os de Oklahoma falan a lingua cheyenne, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. A lingua cheyenne forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas máis próximos ó cheyenne son o arapaho e o ojibwa (chippewa).

centro|600px|Poboado Cheyenne

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobos indíxenas de América Batalla de Little Bighorn