O Rhinopithecus roxellana é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae endémica da China. A súa distribución limítase ás montañas Hengduan, nas provincias de Sichuan e Gansu; as montañas Qinling, na provincia de Shaanxi; e as montañas Shennongjia, na provincia de Hubei. Estas montañas atópanse ó norte do río Yangtze e sur do río Amarelo.

Habita nos bosques que se atopan en elevacións de 1400 a 3500 msnm dentro da súa localización. É de hábitos arborícolas, mais os machos adoitan estar en terra a metade do día, as femias e as crías menos tempo. É o único mono que tolera a presenza habitual de neve.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Golden snub-nosed monkey in Maximum Card from China

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1870 Categoría:Fauna endémica da China Categoría:Mamíferos da China