Väinö Junus () nado en Puutosti en 1905 e finado en Leningrado o 15 de novembro de 1937, foi un lingüista, escritor e profesor da minoría finlandesa de Ingria que en 1930 desenvolveu a efémera lingua literaria ingria.

Traxectoria Väinö Junus naceu nunha familia labrega. Formouse como profesor da escola finlandesa en Gatchina e traballou como profesor na Carelia soviética e na rexión de Leningrado. Máis tarde completou a súa formación no Instituto Pedagóxico de Leningrado, e na Universidade de Leningrado realizou estudos de posgrao so a dirección de Nikolai Marr e Dmitri Bubrih. Tras rematar foi profesor no Instituto Pedagóxico de LeningradoJunus, Olavi: "Jego zvali Vjaine". Inkeri (Pietarin ja Inkerinmaan kuulumisia), 2008, nº 1 e realizou traballos de investigación no Instituto de Lingua e Pensamento"ЮНУС Вейно Иванович", inkeri.ru.

En 1932 Junus preparou con Dubovi e Lensun unha cartilla escolar ingria, e no ano seguinte realizou dous libros con lecturas para as escolas ingrias. En 1936 apareceu  a súa gramática, Izhoran keelen grammatikka. Nos primeiros libros empregou como base o dialecto de Soikkola pero a gramática de 1936 incluía tamén moitas características do dialecto do baixo Luga, variedade máis achegada ao vótico. Os seus libros de textos tamén amosan moita influencia da norma finlandesaSaar, Eva: Isuri keele Soikkola murde verbi muutmissüsteem, pp. 6–7. Tartu: Tartu ülikool, 2008.

Ademais da lingüísicta, Junus tiña interese nas artes visuais. Ilustrou entre outros traballos a edición finlandesa de Kiimasjärven valtaus publicada en Leningrado en 1934 da obra de Gennadi Fish Padenije Kimasozera (1933) mais a edición finlandesa tamén publicada en Leningrado de Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války de Jaroslav Hašek.

Durante a represión stalinista as autoridades soviéticas detivérono en setembro de 1937 acusado de actividades contrarrevolucionarias e condenárono a morte, sentenza executada por fusilamento .

Notas

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Asasinados polo réxime soviético Categoría:Lingüistas de Rusia Categoría:Lingüistas da Unión Soviética Categoría:Nados no óblast de Leningrado Categoría:Fusilados Categoría:Escritores en lingua ingria Categoría:Ilustradores de Rusia Categoría:Escritores de Rusia