Theodoros Angelopoulos (en ), nado en Atenas o 27 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 24 de xaneiro de 2012, foi un director de cinema e guionista grego.

Traxectoria Estudou leis en Atenas, tras o servizo militar marchou a París para atender á Sorbonne mais acabou entrando no IDHEC (Institut des hautes études cinématographiques). Volveu a Grecia e traballou como xornalista e crítico cinematográfico deica o golpe dos coroneis. Realizou a súa primeira curtametraxe en 1968.

Filmografía I Ekpombi, (1968) Anaparastasis, (1970) Meres tou 36, (1972) O thiasos, (1975) I Kinighi, (1977) O Megalexandros, (1980) Αthina, epistrofi stin Akropoli, (1983) Taxidi stin Kythera, (1984) O Melissokomos, (1986) Topio stin omichli,( 1988) To Meteoro Vima tou Pelargou, (1991) To Vlemma tou Odyssea, (1995) Mia aioniótita kai mia méra, (1998) Trilogia I: To Livadi pou dakryzei, (2003)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Directores de cinema de Grecia Categoría:Nados en Atenas Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Críticos de cinema Categoría:Finados en accidente de tráfico