A lingua ngaanyatjarra é unha lingua falada polo pobo ngaanyatjarra. É unha das linguas wati da familia pama-nyungana. É unha das variedades da lingua do deserto occidental e é moi semellante á ngaatjatjarra, coa que garda un alto grao de intelixibilidade mutua. Segundo datos de 2016 tiña 1 091 falantes. O ngaanyatjarra está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia
Categoría:Linguas de Australia