Anthony Mundine, nado o 21 de maio de 1975, é un boxeador profesional e antigo xogador de rugby league australiano. No boxeo, tivo dúas veces o título de campión en peso supermedio da WBA entre 2003 e 2008, así como o título de peso medio da IBO dende 2009 até 2010, e o título WBA ínterim en peso superwélter dende 2011 até 2012. Mundine é coñecido polas súas grandes rivalidades cos seus compañeiros australianos Danny Green e Daniel Geale.
Antes de comezar no boxeo, Mundine foi o xogador mellor pagado da NRL. El considérase a si mesmo como o mellor atleta australiano da historia. É o fillo do boxeador Tony Mundine que pertence ó pobo bundjalung da costa norte de Nova Gales do Sur.Chap off the old Block is pushing hard for the new, John Ellicott, The Sydney Morning Herald, 18 de maio de 2009.
Mundine foi nomeado a persoa aborixe e insular de Torres do ano 2000. É o primeiro boxeador da historia en retransmitir todas as súas pelexas profesionais para televisión e en xerar máis pay-per-view que calquera outro boxeador australiano dende que se converteu en profesional. Steve Bunce describiuno como "posiblemente o mellor atleta versátil da historia do boxeo". Mundine tivo unha relación treboenta cos medios de comunicación: e a súa conversión ó islam en 1999, a súa autopromoción e as súas opinións xeraron unha relación de amor-odio coa opinión pública australiana. Mundine tamén foi descrito como "o atleta máis polarizante na historia deportiva de Australia".Jeff Fenech looking forward to Wood turning out Mundine's lights, by Nick Walshaw, The Daily Telegraph, consultado o 13 de abril de 2011.
Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Boxeadores de peso superwélter Categoría:Boxeadores de peso medio Categoría:Boxeadores de peso supermedio Categoría:Australianos de ascendencia aborixe