George Rrurrambu Burarrwanga, nado en 1957 e finado o 10 de xuño de 2007, tamén coñecido como George Rrurrambu e George Djilangya, foi un músico yolngu orixinario de illa Elcho na Terra de Arnhem. Foi unha icona da música rock aborixe, e é coñecido por ser o carismático líder do grupo Warumpi Band.

Traxectoria A carreira musical de Burarrwanga comezou en Australia Central a finais da década de 1970, cando formou Warumpi Band a carón de Sammy Butcher, Gordon Butcher e Neil Murray. En 1983, lanzaron o sinxelo "Jailanguru Pakarnu" (Fóra da cadea), a primeira canción rock escrita nunha lingua aborixe australiana.

Lanzou tres álbums co grupo, Big Name No Blanket (1985), Go Bush (1988) e Too Much Humbug (1996), no cal aparecen as cancións "Blackfella/Whitefella" e "My Island Home", sendo esta última a de máis sona pola versión interpretada por Christine Anu en 1995.

Despois da separación de Warumpi Band, Burarrwanga comezou a súa carreira en solitario, facendo intepretación no Festival de Darwin, aparicións en televisión para Yeperenye Federation Festival en Alice Springs durante 2000. Lanzou un álbum de reggae, facendo xiras no Territorio do Norte e en Europa no ano 2002.

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Cantantes de Australia Categoría:Nados no Territorio do Norte