miniatura|300x300px|Escena doméstica aborixe australiana describindo a recreación tradicional, incluíndo un neno que xuta a "pelota", co obxecto de "non deixar que a pelota dea no chan". (William Blandowski Australien en 142 Photographischen Abbildungen, 1857). Woggabaliri é un xogo cooperativo tradicional dos aborixes australianos, moi semellante a outros xogos como keepie uppie e footbag.
Os aborixes das áreas preto de Nova Gales do Sur xogaban cunha pelota feita de pel de póssum. Xógase en grupos de catro a oito xogadores en círculo. O obxectivo é manter a pelota no ar e evitar que caia ó chan.
Historia Woggabaliri é un xogo non competitivo que se practica cunha bóla feita de Typha domingensis envoltas en pel de póssum onde o obxectivo é evitar que caia ó chan usando diferentes habilidades de traballo en equipo e control do balón. Xogado polos wiradjuri e outros pobos veciños antes da chegada dos europeos,Tim Hilferti, The Australian Game The Advertiser Pg 79 24 outubro de 2010 Woggabaliri é a palabra dos ngunnawal para "xogar". O autor Ken Edwards sinala que un xogo moi semellante tamén era practicado polos jingili do Territorio do Norte.
Notas
Categoría:Deportes Categoría:Cultura aborixe australiana