Alberte Xulio Rodríguez Feixoo, nado en Barcelona o 24 de abril de 1954, é un avogado e político galego.

Traxectoria Naceu na emigración, estudou dereito e especializouse en dereito comunitario europeo en Estrasburgo. Vencellado ó sindicalismo nacionalista galego traballou como avogado laboralista en Lugo desde 1979. Foi deputado polo BNG representando á provincia de Lugo no Parlamento de Galicia entre 1989 e 2005.

Foi o presidente de Esquerda Nacionalista, un partido que estaba integrado no BNG. Ocupou este cargo desde a VI Asemblea Nacional, celebrada en Compostela o 30 de abril de 2008, e até entón ocupara o cargo de secretario nacional.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia