Quod tibi fieri non vis, alteri ne feceris é unha locución latina que en galego se traduce como «non fagas a outro o que non queiras que che fagan a ti». A cita é un exemplo da Regra de prata: «Non fagas a ninguén o que a ti che desagrada» (Tobías 4, 15; Hilel, Shabbat 31a —Talmud babilónico—).
Hugo Grotius remonta o uso da máxima ao emperador romano Alexandre Severo, quen a fixo gravar no seu palacio e en monumentos públicos, segundo escribe o historiador Elio Lampridio na súa obra Historia Augusta, onde realiza unha biografía do emperador.Navarro (1919), p. 93
Thomas Hobbes tamén usa esta locución na súa celebérrima Leviatán, chamándoa «lei da humanidade enteira». O filósofo inglés colócaa á beira do versículo bíblico «E o que queirades que vos fagan os homes, facédello vós igualmente» (Lucas 6:31).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Locucións latinas Categoría:Expresións latinas empregadas en Dereito