A Universidade Rei Xoán Carlos (URJC, en castelán: Universidad Rey Juan Carlos) é unha universidade pública española con sede na Comunidade de Madrid. Ten campus en Alcorcón, Aranjuez, Fuenlabrada, Madrid e Móstoles, ademais de varios centros na capital.
A URJC conta aproximadamente con 45.458 estudantes, sendo por iso a segunda universidade da Comunidade de Madrid por número de alumnos matriculados. Destaca a nivel nacional nos estudos de administración de empresas, ciencias económicas, ciencias ambientais, fisioterapia, enxeñería, medicina, xornalismo, publicidade, turismo e relacións internacionais.
Campus e centros docentes miniatura|Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais, en Vicálvaro. miniatura|Sede da Universidade Rey Juan Carlos na Plaza de Manuel Becerra de Madrid. miniatura|Biblioteca da URJC no campus de Móstoles. A Universidade Rey Juan Carlos divídese actualmente en cinco campus universitarios: Campus de Alcorcón Facultade de Ciencias da Saúde Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Campus de Aranjuez Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Campus de Fuenlabrada Facultade de Ciencias da Comunicación Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación (ETSIT) Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Campus de Madrid - Vicálvaro Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais Facultade de Ciencias da Comunicación Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET) Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática (ETSII)
Campus de Móstoles Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET) Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática (ETSII) Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Cada escola ou facultade réxese de maneira autónoma cun decano ou director de escola e divídese en departamentos universitarios.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de universidades de España
Ligazóns externas
Sitio web oficial .
Rey Juan Carlos