Miguel de Trebisonda ou Miguel Comneno (en grego: Μιχαήλ Μέγας Κομνηνός, Mikhaēl Mégas Komnēnós), nado en 1285 e finado despois de 1355, foi emperador de Trebisonda. Traxectoria Foi fillo máis novo do emperador Xoán II de Trebisonda e Eudoxia Paleóloga. En xullo de 1341, Miguel tentou sen éxito derrocar á emperatriz Ana Anakhutlu (1341-1342) e ascender ao trono de Trebisonda. Con todo, o 24 de maio de 1344, deu feito a ocupar o trono despois de derrocar ao seu fillo Xoán III de Trebisonda (1342-44). Renunciou o 13 de decembro de 1349, debido á súa mala saúde.
Véxase tamén Bibliografía W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.
Categoría:Emperadores de Trebisonda Categoría:Nados en 1285 Categoría:Finados no século XIV