Ilia Petrovich Кrivosheev (publicou co pseudónimo literario de Илька МорыцяБиблиотека Мордовской литературы: Кривошеев Илья Петрович (Илька Морыця) ), nado o 19 de xullo de 1898 no casal de Маya e finado o  11 de setembro de 1967 en Itsialo, foi un escritor mordoviano en lingua erzyaЛИТЕРАТУРНОЕ ТВОРЧЕСТВО ЗУБОВОПОЛЯНЦЕВ  .

Traxectoria

Naceu nunha granxaБольшая советская энциклопедия: Кривошеев Илья Петрович МАЯК Лопатинского района Пензенской области  na entón provincia de Saratov e agora situada no óblast de Penza. Súa nai era Efimiya Petrovna, unha gran narradora oral. Estudou no Instituto Pedagóxico de Kazán e ao rematar entrou no exército en plena gran guerra. Tras o remate da contenda traballou como mestre, durante a guerra civil serviu no Exército Vermello e logo deu clases de erzya na súa localidade natal e entre 1929 e 1934 en SaranskГородские рейтинги. Самые древние жилые дома Саранска .

Actividade literaria Comezou a escribir poesía xa nos anos de estudante en Kazán. En 1923 publicou na revista Якстере сокиця os seus primeiros poemas orixinais en erzya «Пакшатненень» , «Большевикень вал» e mais «Лавсень моро». Ao longo da década de 1920 as súas poesías publicáronse en «Якстере теште» de Moscova e  «Од эрямо» de Novosibirsk. En 1929 publicouse en Moscova «Васень сяткт», unha escolma de poetas erzya con varios poemas de Krivosheev dedicados á vida rural, á natureza e á infancia.

En 1933 publicou o seu primeiro libro «Коммунань толт», unha colección da súa poesía publicada por «Молодая гвардия» издательствасо. E nese ano pareceu en Saransk o segundo  «Валскень зорява». Os dous constitúen unha afirmación do novo xeito de vida soviético. Ao longo da década de 1930 a súa poesía céntrase nas paisaxes e na vida infantil. Durante a guerra publicou en 1943 «Народонь вайгель», con poesía na que gaba a grandeza espiritual do pobo soviético, o heroísmo dos soldados na fronte e dos traballadores nas fábricas e campos.

Na posguerra continuou a publicar coleccións de poesías, ata totalizar vinte libros publicados Монь ким ( 1946), Тундонь сад (1952), Монь Родинам (1954), Избранное (en ruso, 1955), Стихть ды поэмат (1958), Славан эрямонть ( 1963), Кеман эрямос ( 1967), Морамонь ким ( 1968)

Notas:

Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en 1898 Categoría:Escritores en lingua erzya Categoría:Nados no óblast de Penza Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Poetas de Rusia