Wolfsburg é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, ao sur do río Aller e parte do canal máis largo de Alemaña, o Mittellandkanal.

A cidade está situada a 200 km de Berlín (unha hora en InterCityExpress), a 80 km de Hannover e na contorna da veciña Brunswick, cos que conforma a supra-rexión metropolitana de Hannover-Braunschweig-Göttingen-Wolfsburg. Ten unha poboación superior aos 127.000 habitantes distribuídos ao redor de 40 distritos, urbanos e rurais, é a quinta cidade en tamaño da Baixa Saxonia.

Historia e características

A cidade foi fundada en 1938 co nome de Stadt des KdF-Wagens (Cidade do Coche-KdF), siglas da organización nazi para o deporte e o lecer "Kraft durch Freude" (forza a través da alegría).Wolfsburg Ao remate da segunda guerra mundial, Wolfsburg toma o seu nome actual dun castelo próximo e a urbe experimenta unha explosión industrial e económica coa reapertura da sede central da compañía Volkswagen na cidade debido ao impulso de oficiais británicos, dado que a cidade permaneceu baixo a división da Alemaña occidental, en zona de ocupación británica. Foi entón cando se comezou a fabricar en serie o modelo escaravello, emblema da clase media alemá durante os tempos da República Federal de Alemaña (RFA).Wolfsburg

A partir dos anos cincuenta, en paralelo ao crecemento industrial e económico erguéronse edificiones notábeis hoxe na cidade como a Kulturhaus Alvar Aalto –centro cultural deseñado polo arquitecto finés e inaugurado en 1962–, o teatro concibido polo arquitecto alemán Hans Scharoun, aberto en 1973. O planetario e o Kunstmuseum, museo de arte contemporánea, obra dun estudo de arquitectura de Hamburgo.

Máis recientemente, a inicios deste século, abriuse o Autostadt, complexo recreativo que celebra o universo Volkswagen e recibe ao ano 2,2 millóns de visitantesWolfsburg . Xa no 2005 o Phaeno, museo científico con aspecto de astronave, proxectado pola arquitecta angloiraquí Zaha Hadid. Co lema Da staunst du (“Asombrarate”), propón ao público 350 estacións interactivas sobre ciencia e técnica.Wolfsburg

A cidade conta cun estadio de fútbol, o VW Arena, sede do equipo local VfL Wolfsburg, campión da Bundesliga no ano 2009.

Cidades irmás

Marignane Luton Pesaro e Urbino Halberstadt Bielsko-Biała Togliatti

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina deportiva de Wolfsburg .

Categoría:Cidades de Baixa Saxonia