Józef Glemp, nado o 18 de decembro de 1929 en Inowrocław (Polonia) e finado o 23 de xaneiro de 2013 en Varsovia, foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo metropolitano de Varsovia entre 1981 e 2006, e cardeal.

Traxectoria Recibiu a ordenación sacerdotal o 25 de maio de 1956. O 4 de marzo de 1979 foi nomeado polo papa Xoán Paulo II bispo de Varmia, recibindo a consagración episcopal de mans do cardeal Stefan Wyszyński o 21 de abril.

O 7 de xullo de 1981 foi elevado a arcebispo de Gniezno e Varsovia, sés unidas nese momento in persona episcopi. Como arcebispo de Gniezno foi tamén primado de Polonia.

Entre o 18 de setembro de 1981 e o 9 de xuño de 2007 foi ordinario para os fieis de rito oriental de Polonia.

No consistorio do 2 de febreiro de 1983 foi creado cardeal por Xoán Paulo II. Foi membro da Gongregación para as Igrexas Orientais, do Pontificio Consello da Cultura e do Supremmo Tribunal da Sinatura Apostólica. Finou con 83 anos logo dunha longa doenza, o 23 de xaneiro de 2013.

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Cuiavia-Pomerania Categoría:Finados en 2013 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Arcebispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Cardeais de Polonia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II