Michael Faraday, nado en Newington (Londres) o 22 de setembro de 1791 e finado en Hampton Court o 25 de agosto de 1867, foi un químico e físico inglés, que contribuíu ao estudo do electromagnetismo e da electroquímica. Os seus principais descubrimentos inclúen a indución electromagnética, diamagnetismo e a electrólise.

Malia a escasa educación formal recibida, Faraday é un dos científicos máis influentes da historia.Rao, C.N.R. (2000). Understanding Chemistry. Universities Press. . p. 281. Foi debido ao seu estudo do campo magnético ao redor dun condutor polo que circula corrente continua que Faraday estableceu as bases para o desenvolvemento do concepto de campo electromagnético. Faraday tamén estableceu que o magnetismo podía afectar os raios de luz e que había unha relación subxacente entre ambos fenómeno. Descubriu, tamén, o principio de indución electromagnética, diamagnetismo, as leis da electrólise e inventou algo que el chamou dispositivos de rotación electromagnética, que foron os precursores do actual motor eléctrico.

No campo da química, Faraday descubriu o benceno, investigou o hidrato de clatrato de cloro, inventou un antecesor do queimador Bunsen e o sistema de números de oxidación, e introduciu termos como ánodo, cátodo, eléctrodo e ión. Finalmente, foi o primeiro en recibir o título de Fullerian Professor of Chemistry na Royal Institution de Gran Bretaña, que ostentaría ata a súa morte.

Faraday foi un excelente experimentador, quen transmitiu as súas ideas nunha linguaxe clara e simple. As súas habilidades matemáticas, con todo, non abarcaban máis aló da trigonometría e a álxebra básica. James Clerk Maxwell tomou o traballo de Faraday e outros e resumiuno nun grupo de ecuacións que representan as actuais teorías do fenómeno electromagnético. O uso de liñas de forza por parte de Faraday levou a Maxwell a escribir que "elas demostran que Faraday foi en realidade un gran matemático. Un do cal os matemáticos do futuro derivarán valiosos e prolíficos métodos". A unidade da capacidade eléctrica no SI de unidades, o farad (F), denomínase así no seu honor.

Faraday, un científico con sólidos principios, dedicou moito tempo e enerxía ao servizo público. Traballou na optimización dos faros e na protección dos barcos contra a corrosión. Xunto con Charles Lyell, levou a cabo unha investigación forense sobre unha explosión nunha mina de carbón en Haswell (condado de Durham), que indicou por primeira vez que o po de carbón contribuíu á gravidade da explosión e demostrou como a ventilación podería habela evitado. Faraday tamén investigou a contaminación industrial en Swansea, a contaminación atmosférica na Royal Mint, e escribiu a The Times sobre o mal estado do río Támese durante o gran fedor.Faraday, Michael (9 de xullo de 1855). "The State of the Thames", The Times. p. 8. Negouse a traballar no desenvolvemento de armas químicas para o seu uso na guerra de Crimea, alegando reservas éticas. Rexeitou que se publicasen as súas conferencias, preferindo que a xente recrease os experimentos por si mesma, para experimentar mellor o descubrimento, e díxolle a un editor: "Sempre amei a ciencia máis que o diñeiro... e como a miña ocupación é case totalmente persoal, non podo permitirme facerme rico".

Albert Einstein mantiña colgado na parede do seu estudo un retrato de Faraday xunto aos de Isaac Newton e James Clerk Maxwell."Einstein's Heroes: Imagining the World through the Language of Mathematics", by Robyn Arianrhod UQP, reviewed by Jane Gleeson-White, 10 de novembro de 2003, The Sydney Morning Herald. O físico neozelandés Ernest Rutherford declarou: "Cando consideramos a extensión e a magnitude dos seus descubrimentos e a súa influencia no progreso da ciencia e da industria, non existen honores que poidan retribuir a memoria de Faraday, un dos maiores descubridores científicos de todos os tempos".C.N.R. Rao (2000). Understanding Chemistry. p.281. Universities Press, 2000

Traxectoria Primeiros anos

Faraday naceu en Newington Butts,Frank A. J. L. James, ‘Faraday, Michael (1791–1867)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, Sept 2004; edición en línia, xaneiro de 2008 Michael Faraday actualmente parte de London Borough of Southwark, pero que entón era un barrio de Surrey,Para un relato conciso da vida de Faraday incluíndo a súa infancia, ver páxinas 175–83 de EVERY SATURDAY: A JOURNAL OF CHOICE READING, Vol III publicado en Cambridge en 1873 por Osgood & Co. unha milla ao sur da ponte de Londres. A súa era unha familia humilde. O seu pai, James, era membro da rama sandemaniana da igrexa presbiteriana escocesa. James Faraday chegara a Londres ao redor de 1790 procedente do pequeno pobo de Outhgill, no antigo condado de Westmorland, onde fora o ferreiro do poboA conclusión é que James atopou novas oportunidades de traballo noutra parte por ser membro desta seita. James uniuse á casa de reunións o 20 de febreiro de 1791, e mudou á súa familia pouco despois. Ver páxinas 57-8 de Cantor's (1991) Michael Faraday, Sandemanian and Scientist.. Michael naceu durante o outono dese ano. O mozo Michael Faraday, o terceiro de catro fillos, habendo accedido só os ensinos básicos, foi un autodidacta."Michael Faraday." History of Science and Technology. Houghton Mifflin Company, 2004. Michael Faraday en Answers.com 1/11/2013 Faraday recibiu unha educación elemental ata os 12 anos,e á idade de 14 anos fíxose aprendiz de George Riebau, un vendedor de libros e encadernador local da rúa Blandford,Placa na rua Blandford OPEN PLAQUES e durante os sete anos que permaneceu con el, leu moitos libros, incluíndo The Improvement of the Mind (O desenvolvemento da mente en galego) de Isaac Watts, os principios e suxestións do cal puxo en práctica. Durante este período, Faraday mantivo discusións cos seus compañeiros da City Philosophical Society, onde asistiu a conferencias sobre diversos temas científicos. Desenvolveu interese na ciencia, especialmente na electricidade. En particular sentiuse moi inspirado polo libro Conversacións sobre Química, de Jane Marcet.

A vida adulta miniatura|150px|Retrato de Michael Faraday miniatura|esquerda|upright|Michael Faraday no seu laboratorio (década de 1850), obra do artista Harriet Jane Moore, quen documentou a vida de Faraday con acuarelas. En 1812, á idade de vinte anos, e xa no fin do seu proceso de aprendizaxe de encadernador, Faraday comezou a asistir ás conferencias do eminente químico inglés Humphry Davy, da Royal Institution e da Royal Society, e as de John Tatum, fundador da City Philosophical Society. A miúdo, as entradas para estas conferencias eranlle proporcionadas a Faraday por William Dance (un dos fundadores da Royal Philharmonic Society). Posteriormente, Faraday enviou a Davy un libro de trescentas páxinas baseado nas notas que tomara nas clases. A resposta de Davy foi inmediata, amable e favorable. Cando Davy se danou a vista nun accidente con tricloruro de nitróxeno, decidiu contratar a Faraday como secretario. Cando John Payne, un dos asistentes da Royal Institution, foi despedido, encargouse a Sir Humphry Davy de atopar un substituto. Davy nomeou a Faraday asistente químico da Royal Institution o 1 de marzo de 1813.Michael Faraday artigo da edición de 1911 da Encyclopaedia Britannica en LovetoKnow . Accedido en xaneiro de 2007. Moi pronto, Davy confiou a Faraday a preparación de mostras de tricloruro de nitróxeno, e ambos resultaron feridos nunha explosión desta substancia tan sensible.Thomas, p. 17

Na clasista sociedade británica da época, Faraday non era considerado un cabaleiro. Cando Davy fixo unha longa viaxe polo continente entre 1813 e 1815, o seu mordomo non quixo acompañalo. Faraday sumouse como asistente científico de Davy, e requiríuselle facer de mordomo ata que se puidese atopar un substituto en París. De feito, Faraday fixo de mordomo durante toda a viaxe. A esposa de Davy, Jane Apreece, non quixo tratar a Faraday como un igual (fixo viaxar fora do coche, comer cos criados etc.) E fíxoo sentirse tan desdito que ata se expuxo volver só a Inglaterra e abandonar a ciencia. Con todo, a viaxe permitiulle acceder á elite científica europea e a unha chea de ideas estimulantes. Faraday foi un cristián devoto e membro do pequeno grupo sandemaniana, unha rama da Igrexa de Escocia. Posteriormente serviría dúas veces como decano da igrexa que este grupo relixioso tiña en Glovers Hall, Barbican, a cal posteriormente sería trasladada a Barnsbury, Islington .

Casou con Sarah Barnard (1800-1879) o 12 de xuño de 1821,O rexistro en St. Faith-in-the-Virgin preto da Catedral de San Pablo, rexistra o 12 de xuño como a data en que se emitiu a licenza. A testemuña era o pai de Sarah, Edward. O seu matrimonio foi 16 anos antes da Lei de matrimonio e o rexistro de 1837. Véxase páxina 59 de Cantor's (1991) Michael Faraday, Sandemanian and Scientist. Coñecéronse a través das súas familias na igrexa Sandemaniana, confesando a súa fe a esta congregación o mes seguinte ao seu matrimonio. Non tiveron fillos.

Faraday era un cristián devoto; a súa denominación sandemaniana era unha rama da Igrexa de Escocia. Moito despois do seu matrimonio, exerceu como diácono e durante dous mandatos como ancián na casa de reunións da súa mocidade. A súa igrexa estaba situada en Paul's Alley, en Barbican. Esta casa de reunións trasladouse en 1862 a Barnsbury Grove, Islington; nesta localización do norte de Londres foi onde Faraday serviu os dous últimos anos do seu segundo mandato como ancián antes de renunciar a ese posto.Cantor, pp. 41–43, 60–64, 277–280.Paul's Alley estaba situada a 10 casas ao sur da Barbican. Véxase p. 330 Elmes's (1831) Topographical Dictionary of the British Metropolis. Os biógrafos sinalaron que"un forte sentido da unidade de Deus e da natureza impregnaba a vida e a obra de Faraday".

Vida posterior miniatura|150px|Tres membros da Royal Society ofrecéndolle a presidencia a Faraday (dereita) en 1857 En xuño de 1832, a Universidade de Oxford concedeu a Faraday un título honorario de Doutor en Dereito Civil. Durante a súa vida, ofrecéronlle un título de cabaleiro en recoñecemento polos seus servizos á ciencia, que rexeitou por motivos relixiosos, crendo que ía en contra da palabra da Biblia acumular riquezas e buscar recompensas mundanas, e afirmando que prefería seguir sendo o "simple Sr. Faraday ata o final".West, Krista (2013). The Basics of Metals and Metalloids. Rosen Publishing Group. . p. 81. Elixido membro da Royal Society en 1824, rexeitou dúas veces converterse en presidente da Royal Society.Todd Timmons (2012). "Makers of Western Science: The Works and Words of 24 Visionaries from Copernicus to Watson and Crick". p. 127. Converteuse no primeiro Profesor Fulleriano de Química na Royal Institution en 1833.

En 1832, Faraday foi elixido membro honorario estranxeiro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias. Foi elixido membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia en 1838. En 1840, foi elixido para a Sociedade Filosófica Estadounidense. Foi un dos oito membros estranxeiros elixidos para a Academia de Ciencias de Francia en 1844. En 1849 foi elixido membro asociado do Real Instituto dos Países Baixos, que dous anos máis tarde se converteu na Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos, e posteriormente foi nomeado membro estranxeiro. miniatura|150px|Casa Faraday en Hampton Court onde Faraday viviu entre 1858 e 1867