Pasión prohibida é un flme galego de 1980 dirixido por Amando de Ossorio.
Argumento Teresa (Susana Estrada), unha estrela de variedades, abandona o local no que traballa para volver á súa localidade natal en Galicia e asistir ao funeral de seu pai. Alí está seu irmán Miguel (Emilio Álvarez), quen agora herda o negocio familiar e por quen Teresa comeza a sentir unha forte atracción. A pesar de que Miguel ten moza e plans para casaren, non se pode resistir ao xogo de sedución de súa irmá. Por outra banda, Leonor (Lynn Endersson), a dona do local onde traballaba Teresa, non soporta a ausencia da súa bailarina estrela e antiga amante, e intenta por todos os xeitos recuperala.
Elenco
Susana Estrada como Teresa. Emilio Álvarez como Miguel. Lynn Endersson como Leonor. Rafael Hernández como Empregado de Leonor. María Rey como Marisol. Gabriela Mosch como Licia. Luis Marín como Xerente. Vanessa Hidalgo como Criada. Emilio Linder como Camareiro.
Produción Foi a penúltima película de Amando de Ossorio e a única incursión deste no chamado "cine S". A rodaxe realizouse en Camariñas e inclúe escenas da tradicional procesión marítima da Virxe do Carme.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés).
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia