Mark Neil Brown é un astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-28 e STS-48. Pasou un total de 10,39 días no espazo.
Traxectoria Brown naceu o 18 de novembro de 1951 en Valparaiso, Indiana. É graduado en enxeñería aeronáutica e astronáutica pola Universidade Purdue en 1973, e graduado en enxeñería astronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1980. Está casado con Lynne A. Anderson e ten dúas fillas.
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984 e tras un ano de adestramento e avaliación pasou a ser astronauta oficialmente en xuño de 1985. Formou parte da tripulación das misións STS-28 e STS-48.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-28 STS-48
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Indiana