Daniel Christopher Burbank, nado en Manchester, Connecticut o 27 de xullo de 1961, é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-115, STS-106 e Soiuz TMA-22. Pasou un total de 188,91 días no espazo.
Traxectoria É graduado en enxeñería eléctrica pola Academia de Gardacostas dos Estados Unidos en 1985, e graduado en ciencia aeronáutica pola Universidade Aeronáutica Embry Riddle en 1990. Está casado e ten dous nenos.
Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en abril de 1996. Formou parte da tripulación das misións STS-115, STS-106 e Soiuz TMA-22.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-115 STS-106 Soiuz TMA-22
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Connecticut