A primeira temporada de The Simpsons foi estreada orixinalmente entre o 17 de decembro de 1989 e o 13 de maio de 1990, comezando co especial de Nadal "Simpsons Roasting on an Open Fire". Os produtores executivos para a produción da temporada foron Matt Groening, James L. Brooks e Sam SimonRichmond, páx. 16-17..
A temporada foi preparada para estrearse no outono de 1989 co episodio "Some Enchanted Evening", o cal ía presentar os personaxes principais. Porén, durante a primeira proxección do episodio os produtores descubriron que a animación era desastrosa e o 70% tivo que volverse facer. Os produtores consideraron a cancelación da serie se o seguinte episodio tamén estaba igual de mal animado, pero só sufriu pequenos problemas de sinxela solución. Deste xeito, os produtores convenceron á FOX para atrasar a estrea ata o 17 de decembro, e estreando "Simpsons Roasting on an Open Fire" como o primeiro episodio da serie.
A primeira temporada gañou un Premio Emmy e recibiu catro nomeamentos máis. Aínda que as series de televisión só poden ter nomeado un episodio por categoría, "Simpsons Roasting on an Open Fire" foi considerado como un episodio especial á parte e foi nomeado xunto a "Life on the Fast Lane" para a categoría "Outstanding Animated Program"; "Life on the Fast Lane" gañou o premio. "Simpsons Roasting on an Open Fire" tamén foi nomeado a "Outstanding Editing in a Miniseries or Special", mentres que "The Call of the Simpsons" foi nomeado na categoría "Outstanding Individual Achievement in Sound Mixing for a Comedy Series or a Special". A canción principal da serie, composta por Danny Elfman, foi nomeada na categoría "Outstanding Achievement in Main Title Theme Music"Emmy Awards official site "The Simpsons" "1989 - 1990" emmys.org. Páxina visitada: 3 de xullo de 2007..
Lista dos episodios # Título orixinal (arriba)Título alternativo (abaixo) Dirixido por Escrito por Data orixinal de emisión Código de prod.
Lanzamento en DVD A caixa co DVD da primeira temporada foi posta á venda pola 20th Century Fox nos Estados Unidos e o Canadá en setembro de 2001, once anos despois de que se completase a súa primeira emisión na televisión. Con cada episodio da temporada, o DVD traía material adicional con escenas borradas, animatics e comentarios para cada un. O paquete converteuse no DVD dun programa de televisión máis vendido con 1,9 millóns de unidades, batendo o posuíndo o récord ata outubro de 2004 cando foi superado pola primeira temporada de Chappelle's Show.
A primeira temporada ao completo DetallesCaracterísticas especiais 13 episodios 3 discos Relación de aspecto 1.33:1 Linguas: Inglés (Dolby Dixital 5.1, con subtítulos) Francés (Dolby Dixital 2.0 Surround) Castelán (só subtítulos) Comentarios opcionais para os 13 episodios Guións orixinais de "Bart the Genius", "Bart the General", "Moaning Lisa" e "Some Enchanted Evening" Versión non emitida de "Some Enchanted Evening" con comentarios opcionais Tomas falsas de Albert Brooks Especial da BBC: America's First Family ABC News: Controversia da camiseta de Bart Curta de Tracy Ullman Show: "Good Night" Clips en linguas estranxeiras (non inglesas) Primeiras bromas Portadas de revistas Datas de lanzamento Rexión 1 Rexión 2 Rexión 4 25 de setembro de 2001 24 de setembro de 2001 24 de setembro de 2001
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de episodios de The Simpsons
Ligazóns externas Temporada 1 en TheSimpsons.com Temporada 1 na BBC Temporada 1 en TV.com
01