Armen Vardani Sarkissian (en armenio: Արմեն Վարդանի Սարգսյան)O seu apelido tamén se transcribe como Sargsyan. Como director da casa de Eurasia, usa a forma Armen Sarkissian, que é a transcrición francesa do seu nome en ruso (). Nos antigos pasaportes soviéticos, os nomes rusos adoitaban ser transcritos ao alfabeto latino usando o sistema de transcrición francés posto que o francés era a lingua diplomática empregada., nado en Iereván o 23 de xuño de 1953, é un físico, informático e político armenio. Entre o 9 de abril de 2018 e o 23 de xaneiro de 2022 foi Presidente de Armenia.https://www.reuters.com/world/asia-pacific/armenian-president-resigns-2022-01-23 Tamén foi Primeiro ministro de Armenia dende o 4 de novembro de 1996 até o 20 de marzo de 1997 e anteriormente fora o embaixador do país en Londres dende 1998.

Traxectoria Sarkissian graduouse na Universidade Estatal de Iereván, dentro do departamento de física teórica e matemáticas. Foi membro da Academia Nacional de Ciencias de Armenia. Entre 1976 e 1984, exerceu como profesor de física na Universidade Estatal de Iereván e máis tarde converteuse en investigador visitante e logo profesor da Universidade de Cambridge.

Ademais, foi un dos co-creadores do xogo Wordtris.gamespot.com, Wordtris – Credits

Presidente de Armenia Elección O 19 de xaneiro de 2018, o Presidente Serzh Sargsyan recomendou a candidatura de Sarkissian para a presidencia co apoio do Partido Republicano de Armenia. Tamén recibiu o apoio adicional do bloque da Federación Revolucionaria Armenia, así como o bloque parlamentario Tsarukian.

Foi elixido presidente por maioría da Asemblea Nacional de Armenia o 2 de marzo de 2018 con 90 votos dos 105 da cámara. Sarkissian era o único candidato na elección.

Toma de posesión Sarkissian tomou posesión do seu cargo o 9 de abril de 2018. A cerimonia tivo lugar no Complexo Karen Demirchyan, en Iereván. Despois do acto visitou o panteón militar Yerablur, e deixou unha ofrenda floral no monumento xunto co ministro de defensa Vigen Sargsyan.

Presidencia miniatura|Sarkissian reunido co secretario de estado dos Estados Unidos de América, Mike Pompeo. miniatura|Con Sergio Mattarella. O día de inauguración da presidencia, o goberno dirixido por Karen Karapetyan dimitiu e os partidos da Asemblea Nacional tivo unha semana para facer as súas propostas a primeiro ministro. O antigo presidente Serzh Sargsyan foi nomeado de xeito unánime polos membros dos partidos en goberno o 16 de abril, e foi confirmado como primeiro ministro ao día seguinte. Porén, a elección de Sargsyan como primeiro ministro foi recibida con protestas e manifestacións a grande escala, polo que aos seis días da súa toma de posesión dimitiu. Karapetyan foi pouco despois elixido para actuar como primeiro ministro.

Sarkissian visitou Tbilisi o 26 de maio de 2018 na súa primeira visita oficial no estranxeiro para participar no centenario da fundación da República Democrática de Xeorxia. Durante a súa visita, reuniuse co seu homólogo xeorxiano Giorgi Margvelashvili, así como con Bidzina Ivanishvili e Sauli Niinistö.

En xuño de 2018, Sarkissian propuxo cambios na constitución de Armenia para equilibrar o poder do presidente co do primeiro ministro.

Premios Gran Premio de San Gregorio (1997) - outorgado polo papa Xoán Paulo II. Medalla de San Gregorio (2008) - a maior horna da Igrexa apostólica armenia - outorgado por Karekin II, patriarca católico de tódolos armenios. Orde do Mérito pola Patria en 1º grao - (15 de setembro de 2017). Orde do Mérito da República Italiana (2018).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Iereván Categoría:Presidentes de Armenia Categoría:Primeiros ministros de Armenia