A AC-173 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades do Porto de Santa Cruz e Mera; ambas no concello de Oleiros. Ten unha lonxitude de 4,89 quilómetros e iníciase no Porto de Santa Cruz (Oleiros) e finaliza nun cruzamento coa AC-163 en Mera (Oleiros).

Percorrido

A estrada, plenamente urbana, inicia o seu percorrido no lugar de Porto de Santa Cruz (Oleiros), no cruzamento da Rúa Río Seixo até o centro de Mera (Oleiros), onde empalma coa estrada AC-163, co paseo marítimo e a praia de Mera.

Cambio de titularidade

En 2017 a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia dun treito da estrada AC-173 a prol do Concello de Oleiros, para a execución dunha glorieta de enlace da estrada Perillo-Mera (AC-173) coa provincial DP-5812, que une Meirás e Santa Cruz. Con esta actuación levarase a cabo unha reordenación completa do cruzamento das estradas AC-173 e DP-5812, para solucionar os problemas de tráfico existentes neste punto. Para realizar esta infraestrutura, consideráronse factores como os tráficos rodado e peonil ou o desenvolvemento urbano do ámbito da actuación.

O Concello de Oleiros encargouse da redacción do proxecto da rotonda, e da súa remisión á Axencia Galega de Infraestruturas para a súa conformidade. Ademais, xestionou os terreos necesarios e executou as obras.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tal e como se citou anteriormente, asumiu o compromiso de financiar os gastos de execución das obras, polo que agora fixo efectiva a transferencia de titularidade deste treito, entre Perillo e Santa Cruz, comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 4+300, a prol do Concello de Oleiros. Esta cesión é coherente co seu tránsito ao longo de treitos urbanos e ademais favorecerá a explotación da vía dende o punto de vista municipal.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Oleiros